domingo 10 xaneiro 2016

El efecto Kuleshov

A montaxe  é moi importante na construción  dunha historia .  Combinando o mesmo rostro con distintas fotos ao montalo con outras imaxes diferentes adquire novos significados,  o realmente importante, non é o contido dos planos, senón a maneira de combinalos.
VER ENLACE https://youtu.be/OsKi3K5QTao

Esta avaliación os meus alumnos e alumnas , tiveron que planificar , investigar , experimentar e finalmente explicar nun vídeo (en apenas tres sesións) en que consiste o efecto Kuleshov. Este é o resultado:
O tutorial esta filmado co móbil, unha ferramenta cada vez máis, imprescindible na nosa aula.


El Efecto Kuleshov from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
video educación, formación, education, arts , EDUCACIÓN PLÁSTICA Y AUDIOVISUAL as BARXAS, profesor Luz Beloso, http://educortos.blogspot.com.es

EMPEZAMOS ca nosa produción con moito ánimo,  Caranguexo films volve este curso.

mércores 06 xaneiro 2016

XEOMETRÍA ANIMADA

ANIMACIÓN CON PAPEL VEXETAL
video educación, formación, education, arts , EDUCACIÓN PLÁSTICA Y AUDIOVISUAL as BARXAS, 3º ESO


ANIMACIÓN CON  VECTORIAN GIOTTO


XEOMETRÍA ANIMADA- 3º ESO ,Plástica as Barxas from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
XEOMETRÍA ANIMADA ,alumn@s 3º ESO
Educación plástica as BARXAS
Metamorphosis , Vectorian Giotto
vÍdeo educación, formación, education, arts Education,IES AS BARXAS
http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es/2015/12/xeometria-animada-con-vectorian-giotto.html

martes 15 decembro 2015

BO NADAL ¡¡


BO NADAL from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas
Ilustracións Alba 4ºESO e animación Obradoiro plásticasbarxas


Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso

MÚSICA
Christmas Mix 2013 - Patrick Ansell & Briann Zynts [[FREE DOWNLOAD]]
Kuolema - Hair in the Wind (Bang Your Head) [Secret of Mana].
video educación, formación, education, arts Education,

mércores 02 decembro 2015

MURAIS que CONTAN , " Lenda da Paralaia"


Lenda da Paralaia from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
EDNL e Departamento de educación plástica do IES As Barxas
Murales e animación 1º Bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO
Voces alumnado da ESO do EDLN
Obradoiro plásticasbarxas
EDLN Lingua que traba
Proxecto profesores: Brais Pérez e Luz Beloso
Horror Music de Audionautix está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/)
Artista: http://audionautix.com/
LENDA DA PARALAIA (Recollida de Eugenio Freire Pérez. 44 anos. Colexio de Reíbón, 1986, e tirada do blogue Lendas de Moaña)

martes 27 outubro 2015

Educortos participa nunha mesa redonda virtual sobre narración dixital #EduNarraMooc




Este mércores 21 de Outubro  Educortos  participou nunha mesa redonda virtual sobre a "narración dixital",  xunto aos meus admirados : Manuel Jesús Fernández, responsable do proxecto  "A Historia é Puro Teatro", Juan Carlos de Miguel, con "O Son que Habito", Ana Galindo de  "Palabras Azuis" .

  O evento no Hangout  foi coordinado por Diego Ojeda, unha actividade dentro dun curso organizado polo INTEF e educaLAB para coñecer o uso educativo  da  NARRACIÓN DIXITAL , aquí  queda o vídeo da experiencia e unha ligazón ao BLOGUE do INTEF.



Un pracer inmenso compartir  impresións cos meus queridos compañeiros  e sentir que  somos moitos os que cremos que outra educación é posible .

xoves 25 xuño 2015

CARANGUEXO FILMS - proxecto audiovisual as BARXAS

O proxecto audiovisual as BARXAS ao que os meus alumn@s bautizaron este curso co nome de "Caranguexo films"ten xa a súa propia páxina web, onde poderemos ver as oito curtametraxes deste ano incluído "O fantasma do maltrato", unha das curtas realizadas no proxecto "un artista na escola", con Simón Vázquez e que estreamos no festival.

  http://luzbelos.wix.com/caranguexo-films


A WEB tamén conta co blog ou diario de bitácoras d@s alumn@s e as súas impresións do rodaxe, o video do festival, un making of e fotos da experiencia.





martes 16 xuño 2015

"PEONZA DE ORO" PARA EDUCORTOS, IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

Este sábado 13 de Xuño celebrouse a entrega de premios de ESPIRAL EDUBLOGS en Medialab-Prado, Madrid, tivemos a sorte de poder escoitar o emocionante relatorio de Jaume Josa Fenés "Profe, tu cliente no te entiende. La comunicación en el colé” 
,http://www.laescuelacoach.com , escoitalo e reafirmarnos unha vez máis  que outra educación é posible.
Emocionante desvirtualización de Ana Municio, incansable, admirable e marabillosa.

Este Blog presentouse na categoría de Mestres e Profesores:fun a última en saír, os nervios e o agradecemento mesturábanse a partes iguais, alí xunto aos meus dous compañeiros premiados nesta categoría (Sen) Lingua buxaina de prata e SGAguilar Javier Ramos buxaina de bronce e emocionada polas súas intensas palabras, non me esperaba recibir a buxaina de ouro.
Co premio nas mans só puiden agradecer á organización o seu fermoso e enorme traballo, acordarme dos meus alumn@s, que son o motor do blog, deles, que son motivación en estado puro é esta buxaina, acordarme dos meus compañeiros 09, que son a miña inspiración, compañeiros que traballan e comparten recursos de forma desinteresada e gratuíta, compañeiros que a pesar dunha reforma educativa que despreza a educación plástica non perden as ganas de loitar por que #ElArteImporta.
Acordarme da miña compañeiraJose Soto que me acompañaba na entrega de premios e que me acompaña cada día na aula, nos proxectos,as ilusións e na amizade, un anaquiño desa buxaina é dela e de Juan Sicilia, co que comparto o recurso FRAME BY FRAME,del é outro anaquiño de buxaina por todo o tempo que este blog lle quita.

O meu parabén a todos os premiados e a todos os finalistas.








FOTO Inevery Crea
FOTO Inevery Crea



Con Barxilón , Ana Municio e M Jose Soto



A BUXAINA CHEGOU AOS MEUS ALUMN@S






xoves 11 xuño 2015

V FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Como dende hai cinco anos o IES ÁS BARXAS PROXECTA o SEU FESTIVAL AUDIOVISUAL, un festival que nace do traballo e o esforzo dos alumn@s de Educación Plástica, onde contaron co apoio  de pais ,chegando a ser estes actores dirixidos polos seus propios fillos, contaron coa colaboración de profesores, compañeiros, tendas do pobo, do Creativo Rialdarca e o centro de saúde de Moaña.

O proxecto desenvólvese durante o segundo trimestre, necesita de moitas horas de traballo extra fora de horas de clase, este nace coa escritura dun guión, onde os alumn@s aprenden cal é a súa estrutura, teñen en conta todos os detalles necesarios para traballar no momento de filmar, así como un guión gráfico onde ilustrarán cada escena, aprenden a usar as cámaras, programas de edición, de retoque fotográfico, ou de animación 2D, incluído a difusión en REDE (blog, conta you tube ,vimeo, Facebook..)


Os alumn@s desenvolven destrezas onde se traballan distintas competencias, dende a comunicación audiovisual, a artística, lingüística, a autonomía, aprender a aprender, eles analizan e reflexionan sobre as mensaxes audiovisuais, coñecen os seus códigos e son capaces de utilizalos. En definitiva é un proxecto en equipo, onde a coordinación, e o esforzo colectivo se centra nun obxectivo común, comunicar.


As curtas presentadas este ano son 8:


- Ao final da botella: Dirixido por Roi ,alumno de Bacharelato, partindo dun guión de Rosa Mª Diaz Beloso( enfermeira da unidade de agudos no Meixoeiro), un proxecto que nace da curta "Maldito espello" onde a saúde e a educación se unen para traballar xuntas.


- "O fantasma do maltrato": Curto realizado polos alumn@s de 3o ESO, dentro do proxecto "EDUCABARRIÉ", " Un artista na escola”.

Simón Vazquez (PREMIO MESTRE MATEO)artista co que traballamos neste proxecto, nos guía na aventura de rodar unha curta en apenas unha hora.

- "O tarro": Un remake dun dos primeiros traballos de Tim Burton, presentado por Hitchcock, un relato sobre o complicado mundo do mercado da ARTE.

- "A muller lamprea V": Un novo capítulo da serie comezada hai cinco anos coa compañeira Iria Collazo, que promete revolucionar as conciencias e cambiar o "ciclo da vida, un auténtico remuíño violeta.

- "A muller que amaba ás árbores":  Unha historia sobre a arte e a muller dirixida por Xavier, un traballo que conta coa colaboración e o noso agradecemento de "CREATIVO RIALDARCA"

-"Xiana e a Ra": Un conto diferente sobre ras, príncipes e finais felices.

- "De que cor é o bulling": Unha curta necesaria onde os meus alumno@s reflicten un problema por desgracia de actualidade.

-"Forest":Un relato que nace nunha clase de lingua do ano pasado materialízase neste curso da man dos alumnos de 4ª ESO D

Dende a etapa de produción á posproducción incluída a etapa de difundir e compartir os seus curtos entran dentro do traballo realizado polo alumnado, este proxecto estrearase para todo aquel que queira vir este mércores 17 de Xuño ás 18:00 no salón de actos do IES ás Barxas. 

CARTEIS









RODANDO 




  FOTOGRAMAS

O FANTASMA DO MALTRATO



O TARRO


xoves 04 xuño 2015

PREMIO OLLOBOI ANIMADO

Estes días case non teño tempo para actualizar o blog, estamos en obras, preparándoo todo para o noso festival audiovisual que como dende fai xa cinco anos vimos celebrando no IES ás Barxas, pero esta noticia ben merece unha entrada, un recoñecemento que nos dá novas forzas para seguir traballando con ilusión e entusiasmo, acabamos de gañar o OLLOBOI ANIMACIÓN por este video realizado polos alumnos de 2º de BACHARELATO de debuxo artístico.
Prabéns nenos¡¡, e mil grazas á organización polo traballo realizado , como sempre excepcional.
Olloboi un festival audiovisual escolar que é un referente en Galicia.
http://leliadoura.com.es/olloboi/ganadores.php


A xustiza pola man - Rosalía de Castro from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

martes 19 maio 2015

SOMOS GAÑADORES DO IX PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

EDUCORTOS recibiu un premio na categoría de blogs de profesores e profesoras no  prestixioso concurso  ESPIRAL EDUBLOGS.


Os Premios Edublogs están abertos a toda a comunidade educativa onde dende fai anos ( estamos xa no IX Premio ), presentanse miles de blogs de toda España.
                          http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/premio
  • Este premio valora a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.
  • Recoñece o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
  • É un escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula.
  • Ofrece unha selección de boas prácticas que animan a iniciar ou consolidar o uso nos blogs en ámbitos educativos, aprendendo de experiencias de éxito.

Mil Grazas ao equipo de ESPIRAL EDUBLOGS polo seu recoñecemento e polo seu traballo, traballo que ano tras ano  vainos motivando a miles de docentes, alumnos e a comunidade educativa.
O 13 de xuño saberemos de que buxaina se trata: ouro, prata ou bronce. 
PARABÉNS aos compañeiros GAÑADORES, vémonos en MediaLab Prado, Madrid.



Estes nen@s son o motor do BLOG, eles son os gañadores, os meus alumn@s que ano tras ano motivan a un coa súa ilusión, o seu cariño, compartindo soños  e traballo nesta pequena aula de plástica do IES as Barxas situada no MORRAZO, GALIZA.



   Como diría a miña compañeira Henar Moros, finalista deste premio co seu blog http://henarte.blogspot.com.es 

              "EU SI CREO QUE A ARTE PODE CAMBIAR O MUNDO"

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...