Saltar ao contido principal

salvar un libro en GALEGO, A MULLER DE ALZHEIMER, Francisco Castro


Dentro das aulas do IES as Barxas o audiovisual empeza a ser xa un recurso imprescindible .
Este precioso vídeo xurdido do corazón da biblioteca do noso IES  , é obra de ASUN (do departamento de Lingua e Literatura castelá e coordinadora do equipo da bibliotecae dos seus alumnos de 2º da ESO.O que empezou sendo unha lectura no patio do noso centro, rematou sendo toda unha experiencia onde, os nenos aprenderon algo máis que a salvar un libro, aprenderon toda unha lección de vida, eles e nós. E como dí o náufrago na súa canción "É que o realmente importante non vén nos libros de texto"O fermoso poema é de FRANCISCO CASTRO(Escritor do que xa somos ferventes admirador@s)
A MULLER DE ALZHEIMER,blog do escritor
IVOOX FRANCISCO CASTRO
O ESCRITOR FRANCISCO  CASTRO FALA DO  VIDEO, FACEDE CLIK NO ENLACE

Grazas Náufrago :))
Na entrada do facebook deste artigo de Francisco Castro, alguén compartiu connosco este fermoso vídeo , ENLACE , é o Curtametraxe gañadora do concurso Amal Express 2010 , CAMIÑO DA MEMORIA , traballo duns moz@s de Vigo que  tratan tamén o tema do alzheimer http://creativaollodevidro.blogspot.com/p/obras.html






Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach