Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2012

Felicitación de Nadal BiblioBernardino

Este trimestre o grupo de  artistas  que acode todos os recreos ao obradoiro que temos  no aula de plástica, creou esta felicitación de Nadal para a nosa biblioBernadino, unha biblioteca que creceu connosco e que pouco a pouco converteuse nun dos lugares máis acolledores e visitados do noso  IES as Barxas .     BiblioBernardino   nunca descansa, nin o seu trasgo , un trasgo que cobra vida nos debuxos dos meus alumn@s, e percorre os corredores do centro ata converterse nunha árbore do Nadal , esta animación foi debuxada sobre papel vexetal , sobre un ipad e un encerado . Unha mestura que espero gústevos,  BO NADAL a tod@s BO NADAL II

Os do Audiovisual as BARXAS no CULTURGAL

Os do Audiovisual as BARXAS contamos a nosa experiencia no CULTURGAL , este é un resumo de como o vivimos. Esta filmado pola reporteira máis dicharachera das Barxas , Pilo (asbarxasemprende), tamén podemos ver a   Veronica (BiblioBernardino), Vero   a nosa eterna e querida PT, Daniel Mejuto, Seso (músicasbarxas) e eu mesma. Atopamos vellos e novos amigos , Violeta e Carmen do Rodeira , co poeta Miguel Angel Alonso, Manoli e a lindísima Esther. Coñecimos e compartimos proxectos na mesa do culturgal cos  representantes do Xabarín 18 , aprendimos  do traballo audiovisual do profesor de Ferrol , Manolo González e o seu canal   de CLIP HISTORIA . Inspirounos   Susana Vázquez   cos   novos proxectos de educa BARRIE. Quizais, e froito dos nervios, ou o pouco tempo para compartir experiencias, faltoume dicir que cando traballas co recurso audiovisual, fomentas o traballo en equipo, a coordinación e o bo rolo entre os rapaces, e sobre todo a interdisciplinariedade.

DEITADO FRENTE AO MAR, como se fai unha rotoscospia

Un video con dous finais diferentes , ver ENLACE            Deitado frente ao mar é un vídeo do audiovisual as barxas, un traballo interdisciplinar  de música e plástica, creado como resposta  a unha invitación do consello directivo dá Coordinadora galega de  Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.     Tiñamos que crear un pequeno anuncio publicitario dun   acto  homenaxe a Celso  Emilio Ferreiro que consistirá no   recitado colectivo e simultáneo,o vindeiro mércores 12  decembro  de 2012, ás 12.00 horas, do poema Deitado frente ao mar, un dos textos  máis emblemáticos da  súa obra poética. A música é obra de Seso Durán e os seus alumn@s do obradoiro música as Barxas de  1º de bacharelato,  ao que sumáronse algúns de tercerio dá e.s.o,a música foi o noso punto de partida ,Ver ENLACE do seu making of). Unha vez realizado o tema que dá ritmo ao poema tocounos pór a maquinaria a traballar,  que facemos?, como o facemos?.. Esta

ANIMACIÓN 2D CON PENCIL, COMO SE FIXO TEMPO DE SAMAÍN

Nesta actividade os nen@s tiñan que animar unha liña e transformala nun ser máxico dos que habitan os bosques en  Samaín, para iste traballo utilizaron PENCIL e ANIMATION DESK, unha aplicación do Ipad.  Pencil é un programa de descarga libre , quizais por iso é o meu preferido , os alumn@s tiveron algún problema o exportar a animación en arquivo de video "MOVIE" (recordar que, a vosa animación pode ser exportada  como unha secuencia de imaxes,  arquivo de vídeo mov ou como arquivo swf) o problema está xerado debido a que o tamaño das imaxes non se corresponde co dunha película, aconséllovos usar imaxes cun tamaño igual ao vídeo a exportar, por exemplo 720x480.                         FONTES E ENLACES DE INTERESE SOBRE PENCIL Manual básico PENCIL en PDF: ENLACE Animación con PENCIL no blog:  http://pencileando.blogspot.com.es/2008/08/manual-bsico-de-pencil_18.html Más información animada EN WEBLOG :      http://enweblog.com/hacer-historias-

Audiovisual as Barxas , PREMIO á mellor iniciativa TIC 2012 - EDUCACIÓN 3.0

GAÑADORES do  PREMIO A MELLOR INICIATIVA TIC 2012 en SECUNDARIA na REVISTA EDUCACIÓN 3.0 "Historias dun cuarto de baño" Unha experiencia educativa na que os meus alumn@s de educación plástica en 4º da ESO tiñan que crear o seu propio guión, un storyboard, así como dirixir e montar o seu propio curto.  A experiencia comezou co estudo dá linguaxe audiovisual e de como realizar un guión (o noso agradecemento a Xan Leira polas súas desinteresadas clases), este premio tamén é del e do profe de música Seso Durán , que editou as voces en off e é o responsable do tema "eu non son ti" que  naceu no Obradoiro Músicasbarxas , e de tod@s os  PROFES dás Barxas, que demostraron ser uns excelentes actores ; da nosa Vero PT , Francisco Torrado, Iria Collazo, Rubén, Pilo, Carlos, Goretti, Javier , Juan... Este recoñecemento é para todos vós e para os alumn@s que se implicaron de cheo no proxecto  , grazas pola vosa participación e o voso entusiasmo. http

O II FESTIVAL DO AUDIOVISUAL AS BARXAS E " AS HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO"

Este CURSO 2011-12 en plástica rodamos “historias dun cuarto de baño” , seis historias conectadas polo escenario dun cuarto de baño. O guión, a dirección e a montaxe son obra dos meus alumn@s de plástica, unha creación Barxas 100%. 4ºESO , CURSO 2011-12- OS CREADORES DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" VER AS NOSAS HISTORIAS EN PINTEREST            E para aqueles que non puidestes vir ao festival (mala data por ser época de exames)deixámosvos 5 dos 6 curtos e o vídeo da cerimonia , todo un éxito .       O salón de actos das Barxas  completo, o público moi xeneroso cos alumn@s, non escatimou en aplausos .       Estreamos : A muller lamprea 1º ESO O Agasallo 1º BACH E 4ºESO coordinado polo profe de música Seso Durán  E estas Historias  que forman o mosaico da peli " historias dun cuarto de baño" de 4º ESO , case unha longametraxe de 75 minutos de duración, deixovós o enlace que vai a PINTEREST   para que as podades ver. ENTRADAS RELACIO

II Aventura da Muller Lamprea

1º da ESO (Grupo A) do IES as Barxas explícannos a súa experiencia stop motion ca MULLER LAMPREA  Claudia resume a súa experiencia cun: - "A plástica é MAXIA"-   nunca escoite nada tan fermoso da miña materia e resume perfectamente que é para eles esta experiencia e que os fai traballar máis do habitual. O stop motión pódese aplicar ao papel con ilustracións ou cartolinas de cores, plastilina, obxectos, persoas, mesturalo con anacos de vídeo ... pódese adaptar a 1º, 3º ou 4º da ESO e trabállase como un proxecto...... VER ENLACE  É sobre todo este traballo é interdisciplinar, en plástica coordinámonos con música e con lingua galega.   Seso Durán , é profe de música e o responsable das voces en off da animación.  Iria Collazo  a profe de galego é a creadora deste fermoso conto, o próximo curso seguro que ten outra nova aventura para darlle ritmo co stop motion , podedes contar con iso futuros alumn@s de 1º ESO.

Que é para ti a felicidade ?

Que é para ti a felicidade?, é un traballo de narrativa dixital dos alumnos de 3º ESO B, a partir dun anaco da canción " muíños de vento de Mago de Oz.    "Bebe, canta, soña  Sente que o vento  foi feito para ti  Vive, escoita e fala  Usando para iso o corazón"  Esta é a fonte de  inspiración para construir o seu relato stop motion, o vento e o molinillo son elementos comúns nos vídeos.  Tarefa difícil explicar como conseguir atrapar a prezada felicidade.

HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO

TRAILER DE "HISTORIAS DUN CUARTO DE BAÑO" Este 20 de xu ñ o á s 6 da tarde estades todos invitados ao festival audiovisual do IES as Barxas ,no que poderemos ver curtos realizados polos alumn@s de pl á stica e m ú sica. Este 3º trimestre en pl á stica pasamos moitas tardes rodando a nosa peli “historias dun cuarto de ba ñ o” , a s seis historias est á n conectadas polo escenario dun cuarto de ba ñ o , cada unha delas toca distintos x é neros cinematogr á ficos.  O  gui ó n, a direcci ó n e a montaxe son   obra dos alumn@s de pl ástica , un traballo  moi completo , que vai desde o estudo do lenguaxe audiovisual, ao guión técnico, os ángulos da cámara, a rodaxe e a edición dun curto, fomenta o traballo en equipo, o bo rolo e o interdisciplinar. Como recurso, destacar a colaboraci ó n do director de cine Xan Leira que nos dedicou moitas horas de clases para ensinarnos a escribir un gui ó n cinematogr á fico. DESTACAR e AGRADECER a implicaci ó n d

"Tecendo a miña historia" , relatos dixitais, 3º ESO

Tecendo a miña historia, é un exercicio proposto aos meus alumn@s de 3º ESO de autoreflexión e toma de conciencia de si mesmos a partir da experiencia da súa propia vida, co relato deixan a súa pegada na rede , un recordo para eles e os seus compañeiros que perdurará no tempo.. No glogster vemos unha selección dos mellores  relatos dixitais .

Mención especial polo traballo de creación audiovisual no IES as Barxas. Moaña, Pontevedra

Hoxe recibimos no noso centro un lote de libros , un premio concedido polo concurso de curtos " notecortes" certame de curtametraxes  celebrado en Salamanca, cidade á que lle teño un agarimo especial, nela pasei cinco anos da miña vida , estudando o que máis me gusta " Pintura", e que emoción ver que os cines Van Dyck colaboran neste proxecto( cantas tardes pasei vendo os seus estupendos ciclos de cine sobre pintores).  Durante os días 6 e 7 de xuño ás 18h proxectaranse os curtos presentados nas súas salas , que pena non poder estar alí , en fín, un pedacito do IES as Barxas estará eses días en Salamanca. GRAZAS por este recoñecemento . http://www.concursonotecortes.es/ " Mención especial por el trabajo de creación audiovisual en la escuela IES As Barxas. Moaña, Pontevedra Ganadores de un lote de libros Todos estos datos y otras informaciones sobre el certamen pueden consultarse en su  web . Los vídeos, por su parte, están todos disponibles en el  ca

Valentín Paz- Andrade.‘Cen chaves de luz’, documental realizado polo director Xan Leira.

Este ano tivemos o privilexio e a sorte de que o director, produtor, guionista, ademais de profesor, escritor e editor Xan Leira dunha forma totalmente xenerosa ensinásenos como facer un guión  a os nen@s  de 4ºESO , el é o realizador deste documental, un percorrido pola vida do galeguista Valentín Paz-Andrade con motivo dá súa homenaxe no Día dás Letras Galegas. Nel participaron personaxes destacados dá literatura e cultura galegas, como Xosé Neira Vilas ou o presidente dá Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. A locución e presentación: Jennifer Cancelas Rios. Alumna de 4º da ESO do noso IES as Barxas ,( es unha artista Jenny ¡¡) Animacións e ilustracións do poema "Catrivium dá Mapoula"  de V. Paz Andrade, made in Barxas tamén . Grazas Xan por contar connosco. VER ENLACE           VER NO CANLE LINGUA GALEGA TV

VALENTÍN PAZ ANDRADE, IES AS BARXAS

Video-poema interpretado pol@s nen@s de 1º ESO e Vero a nosa PT no IES as Barxas O QUE TODO GALEGO CHORARÍA  Os nenos do IES as Barxas nos recreos aos poucos converteron o aula de plástica no seu particular taller de creación e por que non? un vídeo poema é un fermoso proxecto.

E TI COMO LIGAS EN GALEGO? -IES as Barxas

Este xoves chamáronnos do Ies a Cachada para informarnos do seu novo proxecto " Amores prohibidos   2.0 " un experimento teatral que trata de contar unha historia a través das redes sociai s. C un título tan suxestivo e provocador , no noso centro só puidemos facer unha cousa , namorarnos del, e así foi como unha vez máis os prof@s do meu instituto decidimos liarnos a manta á cabeza , e contra todo prognóstico (pouco tempo para planificar , gravar e editar un vídeo ), puxémonos a traballar e sacamos á luz  a nova modalidade e estilo de curtos , o vídeo "estresexpres ". AMORES PROHIBIDOS 2.0  será unha obra de teatro virtual; unha versión do clásico Romeo e Xulieta, de Shakespeare, na que os protagonistas serán Xulieta (filla de militantes defensores do galego) e Romeo (cuxos pais serán defensores do castelán). Este  novo traballo colaborativo e interdiscilpinar do audiovisual as Barxas divídese en dous partes :  A primeira é unha adaptación du