Saltar ao contido principal

“REALIDADES DELIRANTES” Cando a fronteira que delimita a realidade da ficción desaparece .

 O TRAILER

REALIDADES DELIRANTESCando a fronteira que delimita a realidade da ficción desaparece .

O 2º trimestre en educación plástica pasamos todas as tardes dos mércores rodando as nosas curtas en 4º da ESO , e sempre o traballo merece a pena :)
As curtas son:
O EXORCISMO :con guión de Brais Perez ,unha lingua maléfica apodérase dunha nena.
O OSO: unha interpretación do conto de Woody Allen "O Alce"
Adictos : Que pasaría nun mundo dominado polos móbiles ?
A Cita : Unha cita moi misteriosa ...... (non podo contar nada máis)
Detrás de ti : Unha metáfora sobre o medo 
Traballamos os efectos especiais , técnicas de animación , un proxecto moi completo onde os meus alumn@s foron os protagonistas de todo o proceso, desde a creación do guión, o story, rodaxe, elección de escenarios, edición  , produción .

Agora o departamento de Economia (Pilo)organiza o Festival  e a miña compañeira Mónica encárgase da decoración,  esperamos a vosa visita .
 A GRAN ESTREA SERÁ este xoves 29 de maio ás 18:00 no salón de actos do IES AS BARXAS -Moaña
4º ESO C

O EXORCISMO 

EL OSO

Valorando o son no salón de actos

Stop motion para "EL OSO"


Efectos especiais








Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach