Saltar ao contido principal

V FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS

Como dende hai cinco anos o IES ÁS BARXAS PROXECTA o SEU FESTIVAL AUDIOVISUAL, un festival que nace do traballo e o esforzo dos alumn@s de Educación Plástica, onde contaron co apoio  de pais ,chegando a ser estes actores dirixidos polos seus propios fillos, contaron coa colaboración de profesores, compañeiros, tendas do pobo, do Creativo Rialdarca e o centro de saúde de Moaña.

O proxecto desenvólvese durante o segundo trimestre, necesita de moitas horas de traballo extra fora de horas de clase, este nace coa escritura dun guión, onde os alumn@s aprenden cal é a súa estrutura, teñen en conta todos os detalles necesarios para traballar no momento de filmar, así como un guión gráfico onde ilustrarán cada escena, aprenden a usar as cámaras, programas de edición, de retoque fotográfico, ou de animación 2D, incluído a difusión en REDE (blog, conta you tube ,vimeo, Facebook..)


Os alumn@s desenvolven destrezas onde se traballan distintas competencias, dende a comunicación audiovisual, a artística, lingüística, a autonomía, aprender a aprender, eles analizan e reflexionan sobre as mensaxes audiovisuais, coñecen os seus códigos e son capaces de utilizalos. En definitiva é un proxecto en equipo, onde a coordinación, e o esforzo colectivo se centra nun obxectivo común, comunicar.


As curtas presentadas este ano son 8:


- Ao final da botella: Dirixido por Roi ,alumno de Bacharelato, partindo dun guión de Rosa Mª Diaz Beloso( enfermeira da unidade de agudos no Meixoeiro), un proxecto que nace da curta "Maldito espello" onde a saúde e a educación se unen para traballar xuntas.


- "O fantasma do maltrato": Curto realizado polos alumn@s de 3o ESO, dentro do proxecto "EDUCABARRIÉ", " Un artista na escola”.

Simón Vazquez (PREMIO MESTRE MATEO)artista co que traballamos neste proxecto, nos guía na aventura de rodar unha curta en apenas unha hora.

- "O tarro": Un remake dun dos primeiros traballos de Tim Burton, presentado por Hitchcock, un relato sobre o complicado mundo do mercado da ARTE.

- "A muller lamprea V": Un novo capítulo da serie comezada hai cinco anos coa compañeira Iria Collazo, que promete revolucionar as conciencias e cambiar o "ciclo da vida, un auténtico remuíño violeta.

- "A muller que amaba ás árbores":  Unha historia sobre a arte e a muller dirixida por Xavier, un traballo que conta coa colaboración e o noso agradecemento de "CREATIVO RIALDARCA"

-"Xiana e a Ra": Un conto diferente sobre ras, príncipes e finais felices.

- "De que cor é o bulling": Unha curta necesaria onde os meus alumno@s reflicten un problema por desgracia de actualidade.

-"Forest":Un relato que nace nunha clase de lingua do ano pasado materialízase neste curso da man dos alumnos de 4ª ESO D

Dende a etapa de produción á posproducción incluída a etapa de difundir e compartir os seus curtos entran dentro do traballo realizado polo alumnado, este proxecto estrearase para todo aquel que queira vir este mércores 17 de Xuño ás 18:00 no salón de actos do IES ás Barxas. 

CARTEIS









RODANDO 




  FOTOGRAMAS

O FANTASMA DO MALTRATO



O TARRO


Comentarios

  1. Hola: son unos super trabajos... menudo nivel tienen los alumnos... os felicito. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach