Este ano o noso proxecto audiovisual enfócase nos superheroes e nas superheroínas.
Pero que son para nós os superheroes?
Cito un fragmento do guión da " A muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira e escritora Iria Collazo.
"Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día. Todos podemos ser heroes e heroínas"
Os nosos superheroes estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles, tratando temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, ou os malos tratos .
No proxecto colaboraron profesores , profesoras , pais ,nais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal e a música asturiana "A Ziega ", escritores como Isabel Blanco e Miguel Ángel Alonso Diz, o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández e a enfermeira especialista en saude mental Rosa Diaz Beloso.
Aquí queda a ligazón á páxina web do proxecto que traballei este ano co meu alumnado de Educación Plástica , nela podedes ver todas as curtametraxes.
Deixo tamén aquí as fermosas palabras do artísta Santiago Ferragud integrante do grupo musical XARDÍN DESORDENADO despois de asistir ao noso festival.
Comentarios
Publicar un comentario