Saltar ao contido principal

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe é o día mundial da saúde mental , e quería compartir convosco esta curta.

IRIS é un traballo realizado polo meu alumnado de 4º ESO de educación plástica  o ano pasado, dentro do proxecto "superheroes e superheroínas" que pretende loitar contra o estigma , normalizar e incluír.

Esta curta escrita, dirixida, editada e  producida por Nerea L. de Castro, divídese en escenas para explicar como Iris, a nosa protagonista, interpretada por Cynthia González, enfróntase a esquizofrenia.
  "Facer esta curta foi unha experiencia marabillosa, na que todos e todas aprendemos moito sobre esta enfermidade, unha experiencia que ademais nos axudou a coordinarnos e traballar en equipo." (Nerea Lareu)

Neste proxecto  implicouse a Asociación DOA en Cangas prestando material para informarnos sobre a enfermidade, deixáronnos  gravar nas súas instalacións e a súa directora, Estrela, revisou o guión xunto á enfermeira especialista en saúde mental Rosa Díaz Beloso que o supervisou .

Contamos cunha composición  de Jorge Vidal con música orixinal adaptada  a curta. O Gabinete Psicopedagóxico Olga deixounos as súas instalacións, e varios dos seus membros actuaron na curta xunto a Ana  Fernández ou o psicólogo Isaac Figueroa.

IRIS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Edita, produce y dirige : Nerea L. de Castro
Ayudante de dirección: Carlos Chapela, Sonido: Ángel Pequeño, Guión: Nerea L. de Castro, Ángel Pequeño, Carlos Chapela y Laura Martínez , Cámara: Nerea L. de Castro, Laura Martínez e Isabel Cascante Actores: Cynthia González- Iris, Ana Fernández Juncal- Madre, Isaac Figueroa Piñeiro- Psicólogo , Isabel Cascante- Amiga, Sara Sotelo- Amiga ,María Puentes- Amiga Elena Fernández- Amiga, Beatriz de Castro- Bea Carlos Chapela- Amigo Ángel Pequeño- Amigo, Voz: Rubén Cabrerizo
Profesora coordinadora : Luz Beloso
IES as Barxas , departamento de EDUCACIÓN PLÁSTICA 
educortos.blogspot.com.es



                                                 VER LIGAZÓNS
  Proxecto que conta coa supervisión e apoio de ABAC ( Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña) e está integrado no proxecto "Educar o corpo e a mente",https://www.youtube.com/watch?v=Qt7LlYZ2oh0
  En "MALDITO ESPELLO" vense reflectidos os distintos trastornos da alimentación a partir dun guión  elaborado pola enfermeira especializada en saúde mental Rosa Mº Diaz Beloso , un traballo das alumnas e alumno,  Ana Gil, Ángel Currás,Eva, Melania Álves, Melanie Pequeño ,Noelia Riobó. http://educortos.blogspot.com.es/2013/06/maldito-espejo.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach