luns 21 novembro 2016

CURTAMETRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





Deixo aquí unha recompilación de proxectos audiovisuais realizados polo meu alumnado en diferentes cursos contra a violencia de xénero , o machismo,  a anulación, a  Invisibilización    .
Este curso será  tamén necesario traballar sobre a violencia de xénero .
Diminuír o sexismo e reducir o acoso desde a mocidade é a clave .

El machismo mata from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
El machismo mata




La violencia de género deja CICATRICES from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.



El fantasma del maltrato from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

PROXECTO:UN ARTISTA NA ESCOLA
GRUPO 3º ESO -IES as Barxas
ARTISTA :SIMÓN VÁZQUEZ
Profesora : Luz Beloso
EDUCABARRIÉ

A muller Lamprea V - O CICLO DA VIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
NOMINACIÓN OLLOBOI PELEÓN 2016
Publicado o 21 xuñ, 2015
CURTA realizada pol@s alumn@s de 4º ESO de educación plástica as Barxas
Guión: Iria Collazo
Directora: Sira Martínez Santomé
Story de Sira Martínez
Axudante da directora: Paula Chao Chapela
Cámara: Nerea Santomé Rúa
Productora e edición: María Cancelas Álvarez
Directora artística: Laura Rouco Otero
Animación: Jose Manuel Rúa Estévez
Coordinación curta Luz Beloso

NO AL MALTRATO - LA ZIEGA- Animación 3º ESO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
ANIMACIÓN realizada pol@s alumn@s de 3º ESO A -B de educación plástica do IES as BARXAS
NO AL MALTRATO - LA ZIEGA
Profesor .Luz Beloso

Non somos invisibles. from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
Ilustracións Patricia Trigo
Story board Aitor Sotelo
Animación e edición ,alumnas e alumnos 1º bacharelato de DEBUXO ARTÍSTICO
Animación baseada nun texto da páxina de Facebook
https://www.facebook.com/querENDOmulleresconendometriose/ http://freemusicarchive.org/music/Lloyd_Rodgers/Cartesian_Reunion_Memorial_Orchestra_the_little_prince-a_ballet_in_two_acts/
Música Lloyd Rodgers Cartesian Reunion Memorial Orchestra:is licensed under a Public Domain
profesor Luz Beloso.
video educación, formación, education, arts , EDUCACIÓN PLÁSTICA Y AUDIOVISUAL as BARXAS,

http://animacioneducacionplastica.blogspot.com.es

A nosa experiencia "Superheroes & superheroínas " en " ESCUELAS en RED "

Comparto a 2º parte do precioso artigo de  Rodrigo Juan García na edición dixital do Blogue do País "Escuelas en Red", sobre a nosa experiencia "Superheroes & superheroínas ".
  Moitísimas grazas Rodrigo unha vez máis por visibilizar a arte na educación .




  VER LIGAZÓNS



    luns 14 novembro 2016

    BETA #DiaMundialDaDiabetes

    CARTEL Isabel Cascante e  Cynthia Gonzalez 

    Hoxe é o día mundial da diabetes e quero compartir convosco  esta curtametraxe escrita e dirixida pola  miña alumna Isabel Cascante , esta curta reflicte o debut na diabetes contado con moito humor .

    Segundo  palabras de ISABEL :

    "Con esta curta pretendiamos dúas cousas:
    Unha, era informar á xente sobre a diabetes  tipo 1 ou infantil que se confunde a miúdo coa diabetes tipo 2, a pesar de ser enfermidades moi distintas (a tipo 1 é autoimmune, a diabetes tipo 2 está ligada principalmente ao estilo de vida: sedentarismo, mala alimentación...
    Outro obxectivo era desdramatizar a situación, pódese levar unha vida plena a pesar de que ao principio poida supoñer algún inconveniente"

    Trátase dun proceso de aprendizaxe, superación e normalización, unha visión persoal que trata sobre todo de facer visible  a diabetes  tipo 1 , da que apenas se fala neste día .



    Beta from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
    Educar como compromiso con la vida, proyecto "SUPERHÉROES Y SUPERHEROÍNAS"
    Isabel Cascante - Dirección y guión
    Elena Fernandez - Protagonista - Claudia, Nerea L. de Castro - Cámara,sonido y actriz, Alba Rodriguez - Actriz , Francis Drake - Actor , Ines amuela - Actriz
    Maria Puentes - Sonido, luces y ayudante de dirección, Maria José Soto- Actriz, Cynthia Gonzalez - Actriz y ayudante de dirección
    Profesor coordinador :Luz Beloso

    Agradecimiento al despacho de abogados West Law
    MÚSICA: Here is a song -Boztown
    Kai Engel
    http://freemusicarchive.org
    EDUCACIÓN PLÁSTICA, 4º ESO, IES as Barxas
    Moaña

    domingo 13 novembro 2016

    Latexos seleccionada no " XII FESTIVAL DE CINE INFANTIL DE CIUDAD GUAYANA" e no "FESTIVAL DE CINE COMUNITARIO E INDEPENDIENTE DE ARAGUA Y CARABOBO"

    LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


    A animación Latexos realizada polos alumn@s de 3º ESO do IES as Barxas en Educación Plástica  partindo dun poema do  xenial escritor Miguel Ángel Alonso Diz, volve cruzar o charco , esta vez é parte da selección oficial do" XII FESTIVAL DE CINE INFANTIL DE CIUDAD GUAYANA".






    A curta xa foi estreada en Venezuela este 8 e 9 de outubro no 4 TO. FESTIVAL DE CINE COMUNITARIO E INDEPENDIENTE DE ARAGUA Y CARABOBO , e proxectada en  :
    •      SALA MUSEO DE ARTE VALENCIA - SEDE PRINCIPAL 
    •      INSTITUTO UNIVERSITARIO DE TECNOLOGÍA VALENCIA
    •      CAFÉ CARAMBA - MARACAY ARAGUA  
    •      CINE ARTE PATIO TRIGA




    VER LIGAZÓN : http://educortos.blogspot.com.es/2016/09/seleccionados-no-festival-de-curtas-de.html

    luns 07 novembro 2016

    "Superheroes e superheroínas" no Blogue do País "Escuelas en Red"


    Comparto este marabilloso  artigo de Rodrigo J Garcia na edición dixital do Blogue do País "Escolas en Rede" sobre o proxecto "superheroes e superheroínas"
    http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2016/11/superheroes-en-el-instituto-moaña.html




    Esta é a primeira parte , en quince días , a segunda.
    Grazas Rodrigo , por compartir tantas e tantas experiencias de aula , que demostran que  hai unha educación publica  que  temos que valorar e defender , unha educación pública marabillosa grazas aos docentes que habitan nela, eles son os meus superheroes e superheroínas .  
     #aArteIMPORTA,  e importa tamén a súa presenza na educación.


    domingo 23 outubro 2016

    Somos GAÑADORES nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016

     O proxecto audiovisual que realizamos  o ano pasado en Educación Plástica no IES as Barxas, e que implicou a gran parte da comunidade educativa,  acaba de recibir un premio  nacional.
     Somos gañadores nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016,  na modalidade: MELLORES EXPERIENCIAS TIC, categoría: Mellor Proxecto TIC Audiovisual .
    Podes atopar o proxecto nesta páxina http://luzbelos.wixsite.com/-superheroes


    luns 10 outubro 2016

    Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

    Hoxe é o día mundial da saúde mental , e quería compartir convosco esta curta.

    IRIS é un traballo realizado polo meu alumnado de 4º ESO de educación plástica  o ano pasado, dentro do proxecto "superheroes e superheroínas" que pretende loitar contra o estigma , normalizar e incluír.

    Esta curta escrita, dirixida, editada e  producida por Nerea L. de Castro, divídese en escenas para explicar como Iris, a nosa protagonista, interpretada por Cynthia González, enfróntase a esquizofrenia.
      "Facer esta curta foi unha experiencia marabillosa, na que todos e todas aprendemos moito sobre esta enfermidade, unha experiencia que ademais nos axudou a coordinarnos e traballar en equipo." (Nerea Lareu)

    Neste proxecto  implicouse a Asociación DOA en Cangas prestando material para informarnos sobre a enfermidade, deixáronnos  gravar nas súas instalacións e a súa directora, Estrela, revisou o guión xunto á enfermeira especialista en saúde mental Rosa Díaz Beloso que o supervisou .

    Contamos cunha composición  de Jorge Vidal con música orixinal adaptada  a curta. O Gabinete Psicopedagóxico Olga deixounos as súas instalacións, e varios dos seus membros actuaron na curta xunto a Ana  Fernández ou o psicólogo Isaac Figueroa.

    IRIS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
    Edita, produce y dirige : Nerea L. de Castro
    Ayudante de dirección: Carlos Chapela, Sonido: Ángel Pequeño, Guión: Nerea L. de Castro, Ángel Pequeño, Carlos Chapela y Laura Martínez , Cámara: Nerea L. de Castro, Laura Martínez e Isabel Cascante Actores: Cynthia González- Iris, Ana Fernández Juncal- Madre, Isaac Figueroa Piñeiro- Psicólogo , Isabel Cascante- Amiga, Sara Sotelo- Amiga ,María Puentes- Amiga Elena Fernández- Amiga, Beatriz de Castro- Bea Carlos Chapela- Amigo Ángel Pequeño- Amigo, Voz: Rubén Cabrerizo
    Profesora coordinadora : Luz Beloso
    IES as Barxas , departamento de EDUCACIÓN PLÁSTICA 
    educortos.blogspot.com.es



                                                     VER LIGAZÓNS
      Proxecto que conta coa supervisión e apoio de ABAC ( Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña) e está integrado no proxecto "Educar o corpo e a mente",https://www.youtube.com/watch?v=Qt7LlYZ2oh0
      En "MALDITO ESPELLO" vense reflectidos os distintos trastornos da alimentación a partir dun guión  elaborado pola enfermeira especializada en saúde mental Rosa Mº Diaz Beloso , un traballo das alumnas e alumno,  Ana Gil, Ángel Currás,Eva, Melania Álves, Melanie Pequeño ,Noelia Riobó. http://educortos.blogspot.com.es/2013/06/maldito-espejo.html

    luns 19 setembro 2016

    "Cabelos de batalla" Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

    A nosa curta animada  'Cabelos de batalla' que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil, realizada polos alumnos e alumnas de 4ºESO: Nerea Rosales, Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e Iria Portela   en  Educación Plástica e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAScon poema do escritor Miguel Ángel Alonso Diz e voz de Inés Padín , acaba  de recibir o  premio  a "mellor curtametraxe de escola  " do prestixioso festival FICBUEU 2016.
     No IES as Barxas non podemos estar máis  felices, grazas.


    Manuel Escudeiro, Nerea RosalesIria Portela, Lucía Freire, Daniel Blanco e  Diego Costa .






     CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
    Un traballo das alumnas e alumnos de 4º ESO de Educación Plástica do IES As Barxas
    Poema "Cabelos de Batalla" de Miguel Ángel Alonso DIz .
    Animación rotoscopia: Nerea Rosales ,Manuel Escudeiro ,Iria Portela,Daniel Blanco,Lucía Freire, Diego Costa
    Actores
    Noemí Fervenza
    Iria Portela
    Daniel Blanco
    Mateo Rosales
    Voz : Inés Padín
    Música libre :Kai Engel

    Profesor coordinador: Luz Beloso


    sábado 10 setembro 2016

    Seleccionados no festival de CURTAS na ESCOLA do FIC BUEU

    A curtametraxe LATEXOS realizada polos meus alumno@s de 3 ESO e a curta dos alumn@s de 4º ESO “CABELOS DE BATALLA” de Educación Plástica do IES as Barxas, ambas as dúas cun poema  de Miguel Ángel Alonso Diz, son finalistas na sección de CURTAS DE ESCOLA no  FIC BUEU  
    A proxección de curtas e a selección de curta gañadora celebrarase o vindeiro domingo 18 de setembro ás 18:00h no Centro Social do Mar de Bueu.

    LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

     CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


    xoves 11 agosto 2016

    " Al final de la botella"Selección Oficial no "2do Festival de Curtametraxes para a Educación na Diversidade"

    Hoxe en Buenos Aires estréase  no Cinema Gaumont, Av. Rivadavia 1635, CABA  a nosa curta  " Al final de la botella" que forma parte da Selección Oficial da categoría Novas ata 21 anos do "2do Festival de Curtametraxes para a Educación na Diversidade" organizado polo Instituto de Educación Non Formal (IDENF) da Facultade Rexional Avellaneda da Universidade Tecnolóxica Nacional, auspiciado pola Rede de Escolas Asociadas da UNESCO (RedPEA).

    http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/08/11/moana-buenos-aires-alcoholismo/1513746.html




    Al final de la botella from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.

    Guión :Rosa Díaz Beloso
    Dirección,edición, story: Roi Miguélez Molares
    Cámara : Roi Miguélez Molares
    Asistente de cámara: Ismael Iglesias
    Amiga : Area María Guede
    María: Noelia Riobó
    Susana: Jennifer Cancelas
    Juan : Pablo Malvido
    Marcos: Ismael Iglesias
    Profesora coordinadora :Luz Beloso
    EDUCACIÓN PLÁSTICA IES AS BARXAS
    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...