Saltar ao contido principal

LINGUAGALEGA TV





No IES as BARXAS estamos colaborando coa canle de TV linguagalega TV desde o equipo de normalización lingüística , (coordinado pola nosa compañeira Iria Collazo ) e desde a plástica, porque sen dúbida unha das vantaxes do recurso audiovisual no aula é a DIFUSIÓN e  pensamos aproveitala para promocionar a nosa lingua con toda a CREATIVIDADE que teñen os nosos nen@s de Moaña .

O outro día estrearon a nosa queridísima MULLER LAMPREA, na canle 5"o vídeo no aula"
Aproveito este blog para difundir esta canle de TV que enriquece ,informa e abre a mente .

QUE É LINGUAGALEGA.TV?

 É un espazo creado por Acuarela Comunicación sll, para a divulgación e promoción da lingua galega. O marco legal, histórico e emotivo desta iniciativa susténtase na Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983), en cuxo preámbulo se di: A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade. Únenos co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de nós como legado da identidade común. O artigo 1 establece: “O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo”.


   Obxectivos:
  • Producir contidos televisivos que promovan o uso e o coñecemento da lingua e cultura galego
  • Elaborar unha programación que reflicta as diversas accións de promoción da lingua galega que se desenvolven dende as administracións públicas: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; universidades, deputacións, concellos. Prestarase, ademais, un especial interese ao ámbito da emigración e á participación dos colectivos cidadáns comprometidos coa lingua galega: os SNL das diversas institucións, editoriais, produtoras de cine e TV, compañías de teatro, movemento asociativo, etc.
                     http://www.linguagalega.tv 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach