Saltar ao contido principal

VI FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS, Superheroes e superheroínas


Este ano o noso proxecto audiovisual enfócase nos superheroes e nas superheroínas.
Pero que son para nós os superheroes?
Cito un fragmento do guión da " A muller Lamprea ", escrito un ano máis pola compañeira e escritora Iria Collazo.
"Os heroes e heroínas non sempre forman parte de lendas. Constrúense cada día. Todos podemos ser heroes e heroínas"
 Os nosos superheroes   estan á fronte de batallas moi duras , esta é a nosa homenaxe a todos eles,  tratando   temas como: o bulling ,a transexualidade ,a saúde mental, o cancro, ou os malos tratos . 

No proxecto colaboraron  profesores , profesoras  , pais ,nais ,irmás e irmáns, alumnos e alumnas doutros cursos, a asociación DOA de Cangas , músicos como Jorge Vidal e a  música asturiana "A Ziega ", escritores como Isabel Blanco e Miguel Ángel Alonso Diz, o Psicólogo Isaac Figueroa Piñeiro ,o Gabinete Olga, Ana Fernández  e a enfermeira especialista en saude mental Rosa Diaz Beloso.
Aquí queda a ligazón á páxina web do proxecto  que traballei este ano co meu alumnado de Educación Plástica , nela podedes ver todas as curtametraxes.

                   http://luzbelos.wix.com/-superheroes



 Deixo tamén  aquí as fermosas palabras  do artísta Santiago Ferragud integrante do grupo musical XARDÍN DESORDENADO despois de  asistir ao noso festival.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

CURSO 2023/24

Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 1 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 2 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas . https://sites.google.com/view/plasticabarxas2024/inicio?authuser=1

BO INICIO DE CURSO 22/23

  Bo inicio de curso a todas e todos Este ano vou ser a profesora de Debuxo artístico, e Debuxo técnico en 2 Bacharelato , xunta ca Educación plástica, visual e audiovisual de 3ESO e 4ESO, e o proxecto competencial de 3 ESO. Aquí queda a páxina web onde vos irei comentando as Tarefas .   https://sites.google.com/view/plasticabarxas2022-23/debuxo-t%C3%A9cnico-2bach

Somos finalistas no Rewind Festival

BOAS NOTICIAS ¡¡ Cabelos de batalla  e Ariadna quere ser Teseo , curtas de 4º ESO,  foron seleccionados como finalistas n o  " festival de curtametraxes internacional de Vilanova do Camí   para ser proxectados no Rewind Festival , das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do noso alumnado do IES As Barxas. Un xurado composto por profesionais da comunicación considera que as curtametraxes dos nen@s das Barxas reúnen a suficient e calidade para competir xunto outros traballos nas categoría de "Jovenes Promesas; Institutos o Directores Amateurs". http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/ CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo . Cabelos de batalla  ,Educar como compromiso coa vida, proxecto : " Superheroes e superheroínas" MELLOR CURTAMETRAXE DE ESCOLA no "FICBUEU 2016"    Un traballo das alumnas e alumnos de  4º ESO de  Educación Plástica do IES As Barxas ,