mércores, 18 de outubro de 2017

AUTORRETRATO ANIMADO WONDER

Grazas a unha invitación de Mercedes Ruiz realicei esta proposta didáctica  , convídovos a participar con ela no proxecto Wonder , e compartir os resultados animados dos teus alumnos e alumnas no blogue "Contamos con eMOTION" #EDUmaridaje

Olivia (Via) a irmá maior de August adora ao seu irmán, aínda que algunhas veces  sente que é desprazada por el.  Para ela August é o sol e todos viran ao redor del, como os planetas.


     A proposta desta actividade  parte da mirada de Via, sobre como ela ve a August. Nunha pasaxe realiza unha descrición obxectiva do seu aspecto, pero afirma non velo como o resto da xente. Ela sabe que o esencial non é visible aos ollos.
Anímote a realizar o teu autorretrato esencial e transformalo nun elemento ou figura que che defina a modo de metáfora, quen es en realidade?, mira máis aló do simple envoltorio no que se basea a nosa aparencia exterior. Crea unha metáfora animada para entender como es  coa app "animation desk" (a súa descarga é gratuíta para Android e para IOS)
       Descobre o animador que levas dentro!.










      Ao terminar a túa animación terala en formato vídeo, só necesitas convertela nun gif , para iso utilizaremos :
                       
via GIPHY

      Observa este exemplo para inspirarte,  http://gph.is/2gDrESE esta aloxado na plataforma GHIPY onde podes  colgar os teus gifs e compartilos en twitter co hashtag #soyxqsomos


           TUTORIAL ANIMATION DESK  https://youtu.be/1klmPEaAl_0

            
@LuzBeloso

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...